O control de esfinteres na escola infantil

O control de esfínteres é un proceso natural polo que pasamos todas as persoas durante unha etapa das nosas vidas . Físicamente comprende ir recoñecendo as upload picturessensacións de facer pis e caca, asociándoas co “producto” biolóxico en sí, e co lugar onde se fai. A nivel psicolóxico conleva unha maduración emocional si se supera o proceso con autoconfianza e a seguridade nas propias posibilidades. É unha etapa que non ten unha duración fixa, depende do ritmo de cada persoa.

Quitar o cueiro non é o mesmo que controlar os esfínteres. Pode ser que as crianzas comecen a amosar inquedanzas en torno ao cueiro e o pis/caca, que se interesen por sentarse no orinal ou no wc, ou que simplemente desexen liberarse momentáneamente de levar o cueiro posto. Isto pode ocurrir porque o ven na casa ou na escola, ou porque o propio corpo llo pide. Estas sinais poderían ser un primeiro paso cara o control de esfínteres, ou non. É fundamental vivir este periodo de forma natural, sen presións nen expectativas propias dos adultos e alleas aos nen@s, que descoñecen cara onde van, tan só viven o momento experimentando, sen saber o resultado que se agarda del@s.

Cada crianza ten o seu xeito de expresarse neste sentido, e nós debemos acompañarlles nesta etapa das súas vidas, resolvendo as súas dúbidas e amosando a nosa dispoñibilidade para axudar, sen pretender que fagan as cousas tal e como nos gustaría que as fisexen. Isto na práctica quere dicir que o feito de verlles interese por quitar o cueiro e probar o orinal ou o wc, non ten porque significar que estén preparad@s para desfacerse definitivamente da utilización do cueiro; que é o que coñecen dende que naceron. Polo que nos acomodaremos ao seu ritmo sen tomar a decisión do momento de quitarlles o cueiro en base á nosa conveniencia. Vivir con ansiedade a chegada deste momento pode ralentizar o proceso, incluso cortalo. Debemos ter presente que, fagamos o que fagamos, tarde ou cedo, a crianza chegará a controlar autónomamente o seu esfínter.

Pódese dar a circunstancia de que non conten con retrete na súa aula, (1-2), que o baño infantil da escola esté compartido polos 40 nenos e nenas das aulas de 2-3. Polo tanto non é a mesma situación que si tiveran un retrete á súa disposición constantemente. De tódolos xeitos, se observamos interese por parte de calquer persoa por iniciar este proceso, ben sexa porque quita o cueiro, porque quere facer pis no orinal, probar a sentarse nel, ou pide ir ao baño; faremos todo o posible por darlle todas as facilidades para que viva esa etapa coa maior autonomía e naturalidade posibles.

Da mesma forma, respetaremos as posibles “pausas” esporádicas que poida haber durante a aprendizaxe, pois é posible que ás veces non queiran seguir adiante por determinada razón. Na nosa man, dende a escola e a casa, está respetar o seu ritmo, sen entrar a facerlles valoracións que condicionen a súa propia iniciativa. Os cambios na vida persoal da nena ou neno tales coma a chegada dun irmán, unha mudanza, modificacións nos horarios familiares, calquer problema na escola, ou simplemente a desconfianza ou inseguridade, poden dar lugar a “retrocesos”, incluso a que volvan a pedir o cueiro. Non pasa nada, o proceso continúa, ao seu ritmo. A nosa tranquilidade e confianza nas súas necesidades e decisións é fundamental para que se sintan respetad@s, sen coaccións de ningún tipo. É importante lembrar que durante este momento das súas vidas (en todos, ao fin e ao cabo) non están só aprendendo a controlar o seu esfínter, senón que a través das reaccións das persoas adultas que acompañen ás crianzas nesta etapa, formarán autovaloracións de sí mesm@s e farán estimacións das propias potencialidades, podéndose extender o resultado (positivo ou negativo) a outras facetas da súa personalidade.
Polo tanto, o neno ou nena, debe poder ser como é, expresar libremente a súa iniciativa, equivocándose durante o proceso, para chegar a aprender da propia experiencia. Para isto, debemos ter preparado todo o necesario: dende toda a roupa precisa, fregona en man, ata moita paciencia e comprensión.

Non é aconsellable recurrir á utilización de recursos tales como “xa eres maior” (conleva unha responsabilidade que poden non querer ter aínda), “que bueno eres que fas pis no wc” (si lle escapa é malo entón), sental@ constantemente “a ver si fai algo”, malas caras ante un escape, premios ou castigos según fagan ou desfagan… e cousas polo estilo. Así mesmo, tampouco é recomendable empeñarse en que fagan pis cando as persoas adultas o consideren “necesario”, como por exemplo porque hai que sair á rúa, ou acudir a calquer acontecemento. Para el@s esas situacións non teñen o mesmo significado, pero sí precisan que o noso apoio sexa constante en calquera situación.

A nosa actitude debe ser absolutamente natural, chamándolle as partes do corpo polo seu nome ao referirnos a elas, evitando as presas para que pase rápido este proceso, mirando dende o seu punto de vista esta nova etapa, sen xulgar, acompañando e facilitando, con moito cariño e comprensión. Esta fase na vida das crianzas soe coincidir cun periodo moi activo e intenso a nivel da súa creatividade, polo que inculcarlles unha fixación pola limpeza pode ter efectos contradictorios noutros aspectos.

Simplemente observando como el@s viven cada cambio nas súas vidas, con esa motivación, constancia e interese, axudaranos a evitarlles moitas frustracións. Pouco a pouco irán collendo confianza e sentindo seguridade no uso do wc, e na aceptación dos escapes si os hai, ata que xa o teñan dominado.

En canto ao cueiro para durmir, ao principio seguramente o seguirán usando, mais é probable que chegue un momento en que esperten con el totalmente seco, ou que incluso esperten para usar o wc, ata que pidan durmir sin el. Observando e preguntando, percorreremos este camiño con moita máis alegría. Da mesma forma que vivimos os seus primeiros pasos ou as súas primeiras palabras.

nuria erra vázquez

Anuncios

comenta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s