A Rede sin Rede: O consorcio suprime a conexión wifi

Dende febreiro estamos sin wifi na escola. Ao principio pensei que sería algún problema “técnico”. Pero se no despacho de administración sí hai conexión a internet e no resto da escola xa non, só pode deberse a unha causa: re-configuración do router. Por qué? Só se me ocurre que a alguén se lle pasou pola cabeza a idea de que quizáis non é convinte que o persoal dispoña de acceso a internet.

Como si nos pasáramos todo o día no facebook ou algo así. Pois non, señores. Ademáis de que a pobre conexión que tiñamos ata xaneiro deixaba bastante que desexar, nas aulas utilizábase moi pouco, e sempre para beneficio das crianzas: algún vídeo explicativo sobre algo, música ou similar. Porque o certo é que a tecnoloxía nas escolas está moi lonxe da imaxe que o consorcio quere aparentar no seu portal da rede da galiña azul. Moito presumir de blogue e tal, pero aquí ao persoal non lle queda outra que facer horas extras na casa para ter actualizados os seus blogues, dado que nas escolas a conexión era deficiente e só existe o ordenador do despacho (no que é imposible instalar calquer mellora), a non ser claro, que ti leves o teu. Poderías pasar horas tentando colgar un contido sinxelo e non digamos si te lo curras un poco.
O caso é complicarnos a vida roubándonos o noso tempo privado a maiores das absurdas horas de programación obrigatorias (2 por semana fora do horario de atención ás crianzas), absurdas porque miles de veces se xuntan diferentes reunións, actividades ou titorías nunha mesma semana, e o consorcio non permite acumular as horas, polo que acabas facendo sempre de máis. Pero non contentos con iso, temos que chegar a casa e dende os nosos propios medios manter actualizados os blogues para que as familias estén ao día. Se había a precaria posibilidade de manter os blogues dende a escola ainda que fose co propio portátil, acabouse.
Por non falar de realizar actividades xerais coas crianzas e as familias utilizando algún recurso online, iso parece que tampouco lles gusta. E logo veñen a darnos leccións sobre o uso das ferramentas tecnolóxicas. Ten chiste a cousa.

http://www.cntgaliza.org/?q=node/1322

Anuncios

comenta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s