¿As escolas da “galiña azul” respetan o desenvolvemento integral da infancia??

Faime moita gracia esta entrada no blogue do equipo de atención educativa das escolas da rede galiña azul. E faime gracia, porque non podo máis que botar un sorriso de tristeza pola dúbida razoable que cabe na presunción de boas intencións ao publicar este contido…non sei, supoño que como soño, máis que como proposta, e menos como reflexo da realidade das escolas infantís de hoxe en día, incluidas as da rede do consorcio.

Cito o 1º párrafo que precede ao coñecido vídeo de CEAPA:  [Escola infantil, que identifican cunha escola creada e pensada para acoller toda a vida das nenas e dos nenos. Onde se teñen en conta as singularidades de cada un e cada unha dos pequenos e pequenas, e que se deseña na súa organización, ritmos e contidos pensando nas necesidades das crianzas, deixando que a infancia actúe coa súa natural  lentitude e dando o maior número de oportunidades para o  seu desenvolvemento integral.]

Non teño máis que dicir que hoxe en día a escola que coñecemos non representa nada diso. A vida das crianzas nos centros escolares baséase nos horarios e estructura mental das persoas adultas, en non no respeto ás necesidades e ritmos infantís. Calquera que traballe nunha o sabe.

Loitar contra esa estructura organizativa imposta é unha labor diaria de desgaste persoal e moi pouca compensación.

nuria erra vázquez

http://escolasinfantis.net/blogue_persoal/apoio/2011/12/29/educacion-infantil-seis-anos-claves-para-una-vida/

Anuncios

comenta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s