Charla contra a privatización da sanidade

Non máis recortes na sanidade pública


O próximo martes 29 de Novembro, às 19:30 no local da CNT, na Rua Garcia Prieto 24-28 celebrará-se unha charla sobre os últimos procesos privatizadores na sanidade pública na Galiza e no Estado, e sobre o que vai acontecer despois da tomada de poder do PP. A charla correrá a cargo da Plataforma SOS-Sanidade Pública (http://www.sos-sanidadepublica.org) e da Plataforma CAS-Madrid (http://casmadrid.org/).

En todos os pontos do estado está a levar-se a cabo un proceso de deterioración e privatización das partes rendibeis da sanidade. Este proceso ten unhas causas e uns responsabeis (a lei 15/97 que permite privatizar os centros públicos coa colaboración de partidos políticos e sindicatos e asociacións subvencionados) e uns obxectivos: traspasar parte dos 70.000 millóns de euros do gasto sanitário público a determinadas empresas, e ir pondo as bases dunha sanidade de “duas velocidades”: unha para as clases podentes, e outra, de beneficéncia para os sectores precários e traballadores.

upload pictures

Paralelamente, coa desculpa da “crise financeira” está a ter lugar un incremento das desigualdades internas na maior parte dos países da UE, o que está a provocar un incremento das taxas de mortandade e unha deterioración do resto de indicadores socio-sanitarios.

Ante este ataque, en diferentes pontos do estado estamos a coordinar-nos, asembleariamente, desde a base, grupos e persoas sen dependéncias políticas de nengún tipo e sen subvencións, para defender os nosos direitos como poboación, e enfrontar-nos a políticos e empresários para que non fagan negócio coa nosa saúde.

http://www.cntgaliza.org/?q=node/1226

Anuncios

comenta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s