Un chisco de rebeldía : “Para quen programamos?”

Por que é preciso estructurar os tempos das temáticas programadas? A que responde esa limitación da temporalización? Somos nós as que debemos decidir “ata aquí chegamos co corpo, agora tocan os animais”?  É iso globalizar?  Significa isto unha mellora da educación ou pola contra tan só redunda na nosa comodidade?

Por que é necesario titular e delimitar os temas? Chamémoslle centros de interese, unidades didácticas, obradoiros ou proxectos. Non é moito máis enriquecedor deixar elexir libremente ás crianzas como queren xestionar o seu tempo de aprendizaxe? Pois de feito, así o fan, ou intentan facer, cando non teñen a “diplomacia” de atender ás nosas propostas, e boicotean as ‘actividades’, pasman sen participar, choran, ou simplemente nos ignoran marchando cara os obxectos, persoas ou espazos que nese intre sí lles interesan. Velaí o momento onde nós, podemos reaccionar de dúas formas.

Ou ben podemos insistir e obligar, dende a “autoridade” que a sociedade nos otorga; ou ben podemos observar con atención ás crianzas, e intermediar entre ás súas preferencias, e as posibilidades que lle podemos ofrecer. As opcións que poden existir nunha aula/escola, baseánse no espazo, materiais e persoas que conforman o contorno da nena ou neno nese intre. Calquera das cousas que escollan facer nun momento determinado depende do que vexan e perciban ao seu redor. E iso que perciben, depende á súa vez do ambiente que procuremos no espazo no que estamos.

É dicir, se estamos nunha aula e ao seu alcance e á súa disposición teñen pinturas, pinceis, papeis, tesoiras, pegamento, plastilina, pelotas, bonecas, coches, animais, contos, auga, disfraces, etc….. ¿Por que cada crianza, individualmente ou en grupo, non pode decidir o que quere facer, acceder a ese material e facer uso do que precise; axudándolles nós a que consigan os SEUS obxectivos??

Que sentido ten empeñarnos en que agora toca recortar no sé qué, porque nós decidimos de anteman (sen coñecer ainda ao grupo) que a actividade programada para tal día a tal hora consiste en que recorten (por poñer un exemplo) fotos de alimentos do panfleto do super?? Xa que logo, si non o fan, que imos facer nós cando teñamos que cubrir os items de avaliación? Que gran problema. Para quen traballamos? Para nós?
Ou seguimos entendendo que educamos nun contexto de aprendizaxe onde o neno ou nena sexa axente activo que manipule a súa realidade sacando conclusións cada vez máis complicadas?

Porque si é esto último, onde está entón a coherencia entre o que teorizamos na redacción do PEC, programación anual, de aula, avaliacións, etc…., e a realidade diaria nas escolas? Por que escribimos “respetar ritmos de aprendizaxe”, “atención individualizada” ou “igualdade de oportunidades”, e logo poñemos a 10 ou 20 crianzas a facer o mesmo ao mesmo tempo?

É tan imposible avaliar a evolución dun neno ou nena deixándolle xestionar a súa aprendizaxe? Basta con poñer ao seu alcance os recursos espaciais, materiais e afectivos adecuados. Despois de coñecer ao grupo durante a adaptación, temos moitísima información: a súa idade, o seu nivel de comunicación e linguaxe, as súas tendencias no carácter, a súa forma de relacionarse e xogar….. Dende aí e a través do ensaio-error, podemos propoñer calquera tema que se nos ocurra, que ao mesmo tempo que desperte o interese das crianzas, cumpla cos obxectivos que manda o currículo (por certo, contradictoriamente obrigatorio nun ciclo que non está considerado como educativo a nivel legal, que contempla a lecto-escriturae no ciclo 0-3, feito por uns señores que ás veces parecera que nunca tiveron un neno nin nena diante; que formulan sentencias que tanto lles valen para un neno ou nena dunha aldea rural, coma para unha crianza urbana que nunca viu unha vaca).

Agora ben, a forma de actuar na práctica educativa o é todo. Da igual que se use o método tal o cual. O quid da cuestión é: actúas dende a imposición, baseada nas túas expectativas? Ou permites que as crianzas aprendan descubrindo o que lles interesa?                                   Deixando que nenas e nenos sexan VERDADEIRAMENTE  persoas activas na súa aprendizaxe é o único modo de que REALMENTE  se logren as expectativas que temos, (en ocasións equivocadas, pero ese é outro tema).

Dicimos sempre que a programación debe ser flexible e aberta. Pero somos incapaces de dar o brazo a torcer cando diante nosa xurden multitude de suxerencias pola parte das crianzas, que, de observalas, permitirían que a escola fose un lugar moi distinto do que hoxe en día é.
É posible facer o exercicio do que chamamos programar dun xeito diferente. Claro que supón repensar moitas cousas e tomar decisións. Pero é posible.

Debemos reflexionar sobre a nosa realidade diaria: as crianzas fan o que fan porque así se lles manda, ou sae delas un longo camiño que percorrer ao seu carón na procura da liberdade?

Nuria Erra Vázquez

Anuncios

comenta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s