Eglantyne Jebb

É incribel que algo tan básico como os dereitos fundamentais do ser humano, non fora contemplado nos nenos e nenas ata hai ben pouco. Foi no último século cando a infancia adquiriu o valor social e legal perante os adultos, homólogos dos nenos na súa propia especie. O avance cultural dende a ilustración fixo posible unha actitude máis sensible e humanitaria cara as nenas e nenos, situándoos no seu propio contexto social, no seu espazo natural e velando polos seus intereses.

Eglantyne Jebb, fundadora de Save the children, a 1ª organización internacional de axuda efectiva; foi a muller que redactou a carta (Declaración de Xenebra), que expoñía os dereitos dos nenos, e que un ano máis tarde foi aprobada pola Sociedade das Nacións Unidas. A 2ª guerra mundial paralizou a súa repercusión, e non foi ata case 14 anos despois do fin da guerra, cando se rematou o traballo comezado por esta muller emprendedora, da que podedes saber máis na web http://www.savethechildren.net/alliance_sp/about_us/founder.html Ou nesta entrada da wikipedia http://es.wikipedia.org/wiki/Eglantyne_Jebb

No 1959 foi cando as Naciós Unidas aprobou o texto elaborado, no que os Dereitos infantís quedaban expresados, aínda que dun xeito non vinculante, polo que os seus principios so tiñan unha forza moral. Unha síntese dos mesmos pode ser :

  • Dereito á igualdade, sen distinción de raza, credo ou nacioalidade.
  • Dereito a unha protección especial do seu desenvolvemento físico, mental e social.
  • Dereito a un nome e a unha nacionalidade.
  • Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas para o neno e a súa nai.
  • Dereito a unha educación e coidados especiais para o neno física e mentalmente diminuído.
  • Dereito a comprensión e amor por parte dos pais e da sociedade.
  • Dereito a recibir educación de balde e a gozar dos xogos.
  • Dereito a selo primeiro en recibir axuda en casos de desastre.
  • Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación no traballo.
  • Dereito a formarse nun espíritu de solidariedade, comprensión, amizade e xustiza entre os pobos.

Houbo que agardar ata o ano 1979, que se proclamou ano internacional da infancia, para iniciarse a elaboración dunha Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos do neno ou nena, a cal foi aprobada en 1989 (20 novembro, día da infancia). España ratificou a convención no ano 1990, na que se contemplaban ditos dereitos xa ampliados ostensiblemente. A redacción completa de tódolos artigos da convención podédela ver na web (http://www.igualdadegaliza.org/imxd/noticias/doc/1225726521convencion_dereitos_infancia.pdf )

Anuncios

comenta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s