Tardes na escola

Cousas que pasan, este curso tócame traballar no horario de tarde ata o peche. A escola pola tarde é outro mundo, moi distinto ao da mañá. Isto supoño que se debe a como distribuimos os seres humanos as nosas rutinas diarias. E sobre todo, no caso das crianzas destas idades, que necesitan unhas pautas claras con periodos que alternen momentos máis activos con intres de descanso. As mañás neste senso están moi claras, pois as primeiras horas da xornada inclúen un maior nivel de actividade por parte de nenas e nenos, que chegan moi espertos e con moita gana de xogar e facer cousas.

Superado o periodo de adaptación, cando xa teñen adquiridas as rutinas habituais, son quen de saber que vai antes e despois; e así, son capaces de explorar e aprender, e levan a cabo con soltura habilidades que requiren unha autonomía ao nivel da súa idade e capacidade. Xogan, aprenden, adquiren seguridade en torno aos cambios de xogos e espazo, fan excursións, viven acontecementos puntuais dentro da escola como contacontos, concertos,etc, comen, se asean, durmen a sesta, e…moitas crianzas, se despiden da escola ata un novo día….

…Algunhas crianzas volven pola tarde, e outras pisan por 1ª vez no día a escola nese horario. Tanto unhas coma outras, chegan xa con moitas horas do día vividas ás súas espaldas, ás veces cansadas e cunha tarde por diante onde, exceptuando á merenda, non teñen que habituarse ás mesmas cousas que pasan polas mañás. É sabido que polas tardes, non se efectúan tantos eventos, supoño que porque a liña das primeiras horas do día implica unha predisposición a convocar certo tipo de acontecementos que non son tan doados de levar a cabo polas tardes.

Existe unha maior afluencia de crianzas na escola nos horarios de mañá, e as tardes congregan a un número menor que flúe con máis intermitencia, sobre todo nas saidas, xa que despois das merendas, son moitas as crianzas que van marchando unhas tras outras.

Isto conleva unha estrutura na xornada de tarde máis dispersa, o que supón un esforzo por parte do persoal para enriquecer e programar de xeito que a tarde non se convirta nun “aparcadoiro” onde se pasan as horas sen máis.

Darlle coherencia e continuidade ao proxecto anual é parte dese esforzo para moitas profes que tamén levan dende primeira hora da mañá na escola, que pola tarde comezan a estar cansas, e para as que chegamos xusto á hora da sesta con tanta gana de facer cousas coma se fósemos meniñas tamén.

Na nosa escola decidimos non programar as mañás e as tardes dun xeito diferente, de maneira que, exceptuando eses eventos que xa distinguen de por sí unha parte do día doutra, as crianzas teñan as mesmas oportunidades de implicarse nos proxectos que lles propoñemos. A nosa intención é  globalizar ao máximo os contidos da nosa programación e motivar ás nenas e nenos para que dende as propias vivencias, poidan experimentar e aprender xogando, así coma adquirir as capacidades de autonomía persoal e habilidades sociais, veñan no horario que veñan. Atender ao seu estado físico, ás veces de cansancio, e ter en conta que as chegadas e despedidas son máis discontinuas é unha peculiaridade das tardes que non debe quitarnos ilusión.

Aínda así, teño a miña opinión persoal sobre o número de horas que os centros educativos de 0-3 permanecen abertos…

Anuncios

4 Respuestas a “Tardes na escola

  1. hola que tal te va todo en el nuevo curso? carlos ya empezo al cole con un periodo de adaptacion super corto, le esta costando un poco, llora bastante cuando entra aunque sale muy contento. el primer dia se escapo por el pasillo, la pena es que no le tocan compañeros de clase, estan en la clase contigua “nuria guerra y carmen” , aunque essta con los gemelitos macarena y pablo, os deseo mucha suerte para este nuevo curso y ya ire a visitaros. bicos para todas….

  2. Confio que neste novo curso poidamos traballar moitiiiiiisssssiiiiimmmmmoooooooo polas tardes para que os obxectivos que nos propuxemos os logremos con creces.
    ANIÑO NURIA QUE NESTA ANDAINA ESTAMOS XUNTAS!!!!!!

  3. Ay Pilochiña que tanto agradezo a túa visita por estos lares. Bicos e graciñas por tirares tan ben de min en tódolos momentos.

  4. María, nai de Iago

    Moito ánimo, Nuria!! O día é largo para tod@s, aproveita as pilas coas que chegas ao mediodía sen que te desanimen as madrugadoras que xa están de volta e media pola tarde. Compréndeas, ti estabas no seu lugar oa no pasado!
    Eu confío moitísimo no tándem que facedes nesta aula as 3. COntade comigo para o que se vos ocurra!!!!!!!!!!!

comenta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s